| 
|
Actualidade
Soledad Sánchez Trujillano, ocupará o posto nº 5 da candidatura por Pontevedra. Soledad é natural de Ávila e reside en Lalín coa súa parella, dende o ano 1998, licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Salamanca, membro do voluntariado social e Presidenta da Asociación Socio-Cultural Manuel Ferreiro, actualmente forma parte do Goberno Galego, desempeñando o cargo de Directora Xerente da Axencia Humanitaria de Galicia.
|