18 de outubro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Servizo de prensa / Notas de prensa / O PSdeG-PSOE DE LALIN CONGRATULASE DE QU

Notas de prensa

O PSdeG-PSOE DE LALIN CONGRATULASE DE QUE SE VAIA A RECUPERAR A LAGOA DE SELLO CUNHA IMPORTANTE AXUDA DA CONSELERÍA DE MEDIO AMBIENTE

• Unha iniciativa pola que agrupación local do PSOE loitou durante os últimos anos pese a oposición do grupo de goberno municipal do Partido Popular.

 

02/04/2007.- A Consellería de Medio Ambiente ven de aprobar unha axuda de 287.737 euros para a recuperación da lagoa de Sello, a petición do concello de Lalín.

 

 

O día 4 de febreiro de 2006 o Delegado de Medio Ambiente, Juan Francisco Froján visitou a antiga telleira de Sello, onde os compañeiros do Partido Socialista de Lalín lle deron a coñecer a súa idea de recuperación deste entorno de alto valor ecolóxico, amosándose disposto a realizar actuacións na zona.

 

 

Con data 20 de febreiro de 2006 o PSdeG-PSOE de Lalín presentou no concello unha moción solicitando a limpeza dos vertedoiros incontrolados que se criaron arredor da lagoa, iniciar negociacións cos propietarios para crear no futuro un área recreativa e incluír esta área no PXOM cunha figura de protección adecuada para preservar os seus valores ambientais. Esta moción foi rexeitada polo Partido Popular.

 

 

Con posterioridade, o 21 de setembro de 2006, nunha entrevista con Pachi Vázquez, o Partido Socialista de Lalín presentoulle o Conselleiro de Medio Ambiente un plan mais elaborado no que se incluía o estudio da flora e da fauna que habita no entorno da lagoa, estudio realizado en colaboración con destacados técnicos e ecoloxistas locais. O Conselleiro amosou o seu pleno apoio a esta iniciativa.

 

 

Nese mesmo mes de setembro o PSdeG-PSOE remitiulle a Consellería un estudio en profundidade da recuperación integral da lagoa, que incluía o antiga telleira, o canal accesorio, a lagoa e o espazo circundante.

 

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera