17 de agosto de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Servizo de prensa / Notas de prensa / MANUEL GONZÁLEZ ALLER CRITICA AS DECLARA

Notas de prensa

MANUEL GONZÁLEZ ALLER CRITICA AS DECLARACIÓNS DO ALCALDE TRAS LAMENTAR ESTE QUE A CONSELLERÍA DE SANIDADE TEÑA PREVISTO DOTAR A LALIN DUN CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN

• O candidato Socialista cree que a vista da nula xestión feita polo Sr. Crespo nestes derradeiros anos, e tras as vergonzosas declaracións do mesmo, o seu futuro como alcalde sería especialmente negativo para Lalín

 

04/04/2007.- O SERGAS anunciaba onte que o primeiro Centro de Alta Resolución da área compostelán construirase en Lalín, ratificando o anuncio feito público no mes de xaneiro, polo portavoz socialista, Manuel González Aller. A aposta da Consellería de Sanidade reafirma o compromiso da Xunta de Galicia, pero tamén do PSdeG-PSOE de Lalín, cos veciños da comarca.

 

Manuel González Aller critica con dureza as declaracións do alcalde tras lamentar este que a Consellería de Sanidade teña previsto dotar o noso concello dun Centro de Alta Resolución, atrevéndose a dicir que a Consellería pretende dotar ós lalinenses “dunha sanidade de segunda división”, en lugar de aplaudir a decisión da Consellería. Contrariamente ó que di o alcalde, trátase precisamente dun Plan pensado para a nova sanidade do século XXI, pois esta demostrado que os hospitais comarcais non están a solucionar os problemas sanitarios para os que foron creados no seu día. 

 

Resulta ofensivo que o Sr. Crespo faga estas declaracións e sega obcecado na pretensión de construír un Hospital Comarcal, porque si, presentando un estudo de viabilidade na Consellería feito polo concello, que nos custou 12.000 euros ós lalinenses, do que debería avergonzarse, e que nin sequera conta coa aprobación do resto dos alcaldes populares da Comarca, chegando incluso algún deles a cualificalo despectivamente de “hospitalillo”. A actitude do Sr. Crespo de total indiferenza, no que a demandas sanitarias se refire, durante os 17 anos que leva gobernando, contrasta coa obsesión amosada dende que o Partido Popular perdeu a Xunta de Galicia, antepoñendo unha vez máis o seu propio interese ó dos cidadáns lalinenses.
Está claro que o único que non se entera do que é un Centro de Alta Resolución é o Sr. Crespo. 

 

O candidato socialista, Manuel González Aller, como profesional da sanidade que é, considera que se trata dunha das maiores apostas da Consellería de Sanidade para esta zona, un investimento serio e rigoroso, que atenderá as necesidades asistenciais de toda a comarca do Deza, cunha aposta clara pola mellora sanitaria, nunca antes
pensada sequera pola anterior Xunta. Será un centro resolutivo, que achegará os recursos sanitarios ós cidadáns dezáns, propiciando unha asistencia integral e de calidade a tódolos pacientes da comarca.

 

Manuel González Aller confirma que a posta en marcha deste novo Centro mellorará cualitativamente a atención médica, reducindo as listas de espera e axilizando as probas diagnósticas. Este novo Centro é a solución máis adecuada para unha comarca como o Deza, que contará así coas vantaxes da proximidade dun centro de referencia e prestixio como é o Hospital Clínico de Santiago cos amplos recursos dun Centro de Atención Primaria e Especialidades como o que se vai construír.

 

O candidato Socialista cree que a vista da nula xestión feita polo Sr. Crespo nestes derradeiros anos, e tras as vergonzosas declaracións do mesmo, o seu futuro como alcalde sería especialmente negativo para Lalín.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera