17 de agosto de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Servizo de prensa / Notas de prensa / O CONSELLEIRO DE TRABALLO, RICARDO VAREL

Notas de prensa

O CONSELLEIRO DE TRABALLO, RICARDO VARELA SÁNCHEZ, VISITARÁ LALIN MAÑÁ MARTES 10 DE ABRIL

09/04/2007.-O Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela Sánchez, acudirá a Lalín mañá martes 10 de abril, invitado polo candidato socialista Manuel González Aller para manter unha reunión cos empresarios e comerciantes de Lalín.

 

Ricardo Varela, falará dos investimentos da Consellería de Traballo no que a políticas de emprego se refire,  das políticas a prol da igualdade laboral das mulleres, dos programas subvencionables para o impulso de proxectos empresariais ou para a adaptación ás tecnoloxías da información, entre outros temas de especial interese para o sector e que se están levando a cabo dende a Xunta de Galicia.

 

Así mesmo, o Conselleiro de Traballo reunirase cos empresarios e comerciantes, coa finalidade de recadar as súas inquedanzas, problemas e necesidades. Un intercambio de ideas e propostas, co obxectivo de coñecer a súa realidade e seguir traballando para atopar solucións e vías para a súa mellora en temas de vital importancia para os distintos sectores económicos da vila.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera