20 de febreiro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Servizo de prensa / Notas de prensa / O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE VISITOU

Notas de prensa

O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE VISITOU LALÍN INVITADO POLO CANDIDATO SOCIALISTA MANUEL GONZÁLEZ ALLER

18/04/2007.-Manuel Vázquez “Pachi”, ofreceu onte en Lalín datos sobre as Políticas Medio Ambientais que está a desenvolver a Consellería de Medio Ambiente, ante máis dun cento de persoas, que tiveron a ocasión de intercambiar as súas opinións co Conselleiro. Váquez criticou duramente a herdanza recibida do anterior Goberno da Xunta, afirmando que se realizara unha xestión sen sentido, antepoñendo o interese persoal ás necesidades reais dos cidadáns, “de nada serve que teñamos un salón de luxo na nosa casa, se non temos cociña, matizou Pachi”.

 

A Consellería que dirixe Manuel Vázquez aposta principalmente polo abastecemento de auga e o saneamento integral do rural, para tratar de equilibrar a gran diferenza existente na actualidade no que a prestación de servizos públicos se refire, entre os pobos e as zonas rurais, sendo este hoxe en día, un dos principais motivos do alarmante despoboamento que está a sufrir o noso rural.

 

Manuel Vázquez destacou, que debemos intentar cambiar o rumbo da política que se levou a cabo nestes últimos anos e que se demostrou insuficiente, pouco efectiva e incluso estéril para frear o éxodo masivo fundamentalmente, da nosa mocidade e das nosas xentes das aldeas.

 

Xa no ámbito local o Conselleiro criticou con dureza a cara dura do alcalde de Lalín, quen despois de rexeitar unha moción do Partido Socialista para a recuperación da Lagoa de Sello, despois da visita do Delegado de Medio Ambiente a zona a petición dos socialistas e tras o interese amosado pola Consellería neste tema, se lle concedeu unha subvención ó concello, e “aínda por riba o Sr. Crespo critica e quere levarse o mérito” destacou o Conselleiro.   

 

Asemade Manuel Vázquez destacou tamén a mala xestión realizada polo Goberno Local no caso do paseo do Pontiñas, unha obra vendida a bombo e prato, aínda sen pagar as expropiacións (8 millóns de euros) e que agora terá que aboar a actual Xunta ou como foi o caso da Carballeira da Crespa, que a Consellería está tratando de chegar a un acordo cos propietarios para que se poidan beneficiar tódolos lalinenses.  
Finalizada a súa exposición o Conselleiro de Medio Ambiente respondeu ás preguntas e suxerencias dos asistentes.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera