18 de outubro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Servizo de prensa / Notas de prensa / O CANDIDATO SOCIALISTA, GONZÁLEZ ALLER A

Notas de prensa

O CANDIDATO SOCIALISTA, GONZÁLEZ ALLER APLAUDE A NOVA POLÍTICA DE INVESTIMENTOS DA XUNTA Ó CONFIRMARSE O COMPROMISO FIRME DE TOURIÑO DE NON CONSTUÍR NIN UN SÓ QUILÓMETRO NOVO CON PEAXE

• Ó socialista Manuel González Aller, cónstanlle os esforzos que se están facendo dende Política Territorial e Fomento para reducir o custe da peaxe da autoestrada AP-53

 

19/04/2007.-O candidato socialista, aplaude a nova política de investimentos da Xunta “que xa non constrúe nin un só quilómetro novo con peaxe e fai todo o posible por reducir ó mínimo as consecuencias para os cidadáns das accións do Goberno anterior en materia de infraestruturas”. Con este xesto, queda demostrada unha vez máis, a dispoñibilidade e boa vontade do presidente Touriño por acadar unha solución ós prezos abusivos da peaxe.
  

 

González Aller ratifica a posición socialista “favorable á rebaixa das peaxes”, e engadiu que lle constan os esforzos da consellería de Política Territorial e de Fomento neste sentido. Ó mesmo tempo reitera o seu apoio ós colectivos veciñais para evitar que os veciños de Lalín teñan que pagar o sobrecuste dos catorce quilómetros ata Dozón, como ocorre na actualidade

 

Os socialistas consideran de “pouco rigor” e de “ hipocrisía política” que os mesmos que puideron evitar a peaxe,  agora reclamen reducións nas tarifas. As peaxes “son consecuencia da nefasta política de infraestruturas da Xunta na que era conselleiro Cuíña Crespo, cando gobernaba o Partido Popular e Crespo tiña responsabilidades directivas”. Crespo estivo implicado na decisión da construción da autoestrada de peaxe entre Santiago e Dozón, apunta o candidato do PSdeG-PSOE.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera