25 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Servizo de prensa / Notas de prensa / O PSdeG-PSOE LEMBRA QUE CRESPO E CUIÑA F

Notas de prensa

O PSdeG-PSOE LEMBRA QUE CRESPO E CUIÑA FORON OS IDEÓLOGOS DA PRIVATIZACIÓN E BLINDAXE DA AUTOESTRADA SANTIAGO-LALÍN

24/04/2007.-A decisión do Presidente Touriño relativa a gratuidade do peaxe do tramo da AP-53 (Lalín-Ourense) pon en evidencia a tropelía cometida por Crespo, que xunto con Cuiña foi o ideólogo da privatización e blindaxe do autopista Santiago-Lalín, foi, en definitiva, responsable da peaxe.

 

Crespo e Cuiña coa súa decisión de privatizar e blindar o primeiro tramo da AP-53 traizoaron a Lalín, traizoaron o seu pobo e deben pagar o prezo político que lle corresponde. Non pode Crespo parapetarse detrás da Comisión de Rebaixe da Peaxe, senón que ten que asumir publicamente a súa responsabilidade, pedirlle perdón a este pobo por telo discriminado e tentar limpar a súa imaxe de inepto.

 

En canto o Sr. Vilariño, se cre realmente que non lle está facendo o paripé o seu socio de goberno na Comisión de Rebaixe da Peaxe da AP-53 debe presentar, ineludiblemente, unha iniciativa parlamentaria demandando esa rebaixa (iniciativa que seguramente prosperaría co apoio do PP), de non facelo a cidadanía entenderá que viaxa, politicamente, baixo as alas do seu mentor e amigo. 

 

O fallo da Audiencia rexeitando por extemporáneo o recurso do concello de Lalín polo rebaixe da peaxe da AP-53, a gratuidade do tramo Lalín-Ourense decretada po Touriño e a implicación de Crespo na imposición da peaxe no tramo Santiago-Lalín desacreditan o alcalde e por extensión inhabilitan a toda a Comisión.

 

A autopista Lalín-Ourense, aparte de servir “para ir gratis a neve” e necesaria para a conexión gratuíta coa meseta e cos mercados europeos e por tanto vital para as empresas da comarca na súa loita continua pola mellora da competitividade, pero ademais favorece, unha vez aberto o tramo, un maior tránsito en todo o trazado, que podería facilitar as negociacións de Política Territorial coa beneficiaria (ACEGA) de cara a efectiva rebaixa da peaxe.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera