25 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Servizo de prensa / Notas de prensa / O PSdeG-PSOE DE LALIN SOLICITA A RENUNCI

Notas de prensa

O PSdeG-PSOE DE LALIN SOLICITA A RENUNCIA PÚBLICA DA CANDIDATA Nº 2 DO P.P. PILAR LÓPEZ CARRÓN, COMO COORDINADORA DO CENTRO DE SAÚDE DE LALÍN.

03/05/2007.- Logo de coñecer publicamente a decisión da actual coordinadora do Centro de Saúde de Lalín de presentarse ás eleccións municipais polo P.P., e de deixar pasar un tempo prudencial por se a propia afectada adoptaba a decisión de deixar o cargo voluntariamente, e dado que non o fixo, queremos manifestar publicamente o seguinte:

 

1º.- Respectamos, como non pode ser doutra maneira,  e non entramos a valorar a decisión que como individuo, traballador  ou como funcionario adopta calquera persoa para integrarse ou deixar de facelo en calquera candidatura.

 

2º.- Non podemos ter a mesma actitude respecto dun cargo de libre designación polos seguintes motivos:

 

 

1.        ¿Que política sanitaria vai a defender como coordinadora dun centro sanitario: a da administración que a nomeou e que ten unhas ideas determinadas e concretas para poñer en marcha ou a do partido polo que se presenta as municipais?. Por poñer un exemplo que vai a entender todo o mundo: vai a apostar dende o seu posto por un hospital comarcal ou por un Centro de Alta Resolución?. Claramente non parece nin lóxico nin ético nin coherente manterse no cargo nesa situación.

 

2.        Para evitar que ninguén poida pensar que se “ficha” unha persoa polo seu cargo, e non pola súa valía persoal e profesional, e por suposto, para que ninguén poida pensar que se vai a utilizar persoal e directamente  dito cargo para obter algún tipo de rendibilidade electoral consciente ou inconscientemente, ou que alguén do partido pretenda facer o mesmo con ou sen o seu consentimento.

 

 

En definitiva, por coherencia, por ética e por responsabilidade pedímoslle publicamente á coordinadora que renuncie ó seu cargo no prazo máis breve posible e por suposto antes do inicio da campaña electoral.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera