17 de agosto de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Servizo de prensa / Notas de prensa / O GRUPO SOCIALISTA DE LALÍN CRITICA QUE

Notas de prensa

O GRUPO SOCIALISTA DE LALÍN CRITICA QUE A COORDINADORA DO AMBULATORIO NON QUEIRA RENUNCIAR AO SEU CARGO PARA UTILIZADO EN PROVEITO DUNHA OPCIÓN POLÍTICA

Contrapón esta actitude á de Cristóbal Fernández, que renunciou ao seu posto de director do IES Aller Ulloa ante a súa decisión de encabezar a candidatura do PSOE á Alcaldía de Lalín

 

05/05/2007.-Desde o Grupo Socialista de Lalín criticamos que a coordinadora do Ambulatorio non queira deixar o seu cargo para poder empregalo en beneficio dunha opción política. Consideramos que se trata dunha decisión que está motivada claramente por fins partidistas.

 

No Grupo Socialista rexeitamos esta actuación porque consideramos que non se trata dunha actitude nin coherente, nin responsable.

 

En contraposición, lembramos a actitude adoptada hai catro anos por Cristóbal Fernández, que ante a súa decisión de encabezar a candidatura do PSOE á Alcaldía de Lalín, decidiu presentar publicamente a súa renuncia como director do IES Aller Ulloa, a pesar de non existir ningún tipo de incompatibilidade, de que só faltaba un ano para rematar o mandato e de que esa decisión lle implicaba non só renunciar ao seu soldo, senón tamén á consolidación dunha parte importante de complementos salariais que se consolidan con cada catro anos de mandato.

 

Esto pon de manifesto, sinxelamente, que os socialistas de Lalín somos distintos e demostra que a nosa forma de actuar esta marcada pola coherencia e os principios éticos.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera