25 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Xuventudes / Xuventudes / Adriana Viz Fernández, en representación

Xuventudes

Adriana Viz Fernández, en representación das Xuventudes Socialistas de Lalín, asistiu osdías 20,21 e 22 de Xullo como delegada ao 23 Congreso Ordinario das JSE, celebrado en Madrid.

23/07/2007

 

Neste Congreso foi elixida a nova executiva federal das Juventudes Socialistas de España, asi como os diferentes órganos de decisión da organización xuvenil socialista. Galicia contaba con 18 delegados/as e 10 observadores/as.

  Ao Congreso acudiron numerosos membros do Goberno e da cúpula socialista, como Miguel Ángel Moratinos, María Teresa Fdez. de la Vega, Leire Patín, Cristina Narbona, Pepe Blanco, o ex presidente Felipe González, Pedro Zerolo, Carme Chacón, e o presidente do Goberno e Secretario Xeral do PSOE , José Luís Rodríguez Zapatero, quen clausurou o Congreso.

 Foi segundo  Adriana Viz “un interesante Congreso no que se trataron temas moi importantes como a vivenda e emancipación dos xovenes, a cooperación internacional, os salarios da mocidade e outros orgánicos da propia organización como a redacción dos estatutos”. Tamén Adriana sinalaba “ a importancia que tivo a delegación galega como conciencia crítica de JSE a nivel nacional e o gran respaldo do goberno a xuventude coa presencia do Presidente, 3 Ministros, un ex-Presidente e o Secretario de Organización entre outros”.

 A culminación do Congreso foi para Adriana o compromiso do Presidente Zapatero coa xuventude e a necesidade de unión e colaboración ante as vindeiras eleccións xerais de 2008

 Finalmente a nova Secretaria de Xuventude da Executiva Local do PSdG-PSOE lalinense puido compartir uns momentos e conversación co Presidente do Goberno e co Ministro de Asuntos Exteriores entre outros.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera