19 de xuño de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Actualidade / Actualidade / O PSdeG-PSOE DE LALÍN PROPÓN O COBRO DE

Actualidade

O PSdeG-PSOE DE LALÍN PROPÓN O COBRO DE IMPOSTOS POR FACTURACIÓN AS EMPRESAS DE TELEFONÍA MÓBIL COMO XA VEÑEN FACENDO OUTROS CONCELLOS.

• Os socialistas cren que se deben buscar novas fórmula de recadación antes de propoñer subidas os veciños. • Tamén se propón un canón para os bancos polos caixeiros automáticos que están nas rúas

 

17/10/2007

 

16/X/2007. O Grupo Municipal Socialista proporá que se estuden novas formas de financiamento e recadación para o Concello de Lalín antes de gravar os veciños que xa sofren unha das maiores presións fiscais de Galicia. Para acadalo proponse a recadación do 1,5% da facturación das empresas de telefonía móbil  no propio Concello, algo que xa veñen facendo moitos concellos de España , principalmente en Cataluña pero que tamén está estudando Madrid e que proximamente incluirá Pontevedra. Lémbrase que o imposto xa o veñen abonando as empresas de telefonía fixa.
 Os socialistas estráñanse de que o alcalde non tomara xa esta iniciativa sendo presidente da FEGAMP pois este gravame  é unha recomendación da FEMP dende xa hai tempo, polo que parece que o Sr Crespo está despistado deixando escapar novas posibilidades de finaciamento para o Concello ,que ademais se repercuten en grandes corporacións e non nos lalinenses de a pé.
 A FEMP tamén propón ós Concellos  dous xeitos de calcular e cuantificar a fórmula fiscal. Por exemplo unha delas  parte dos ingresos totais das operadoras de telefonía móbil e do número total dos seus clientes, datos referidos ao conxunto nacional, segundo datos  da CMT (Comisión do Mercado das Telecomunicacións) . Divídese  e obtense  o  ingreso medio por cliente que se multiplica polo número de clientes con domicilio no correspondente concello . O resultante aplicáselle o 1,5%. Nalgúns casos as operadoras teñen preiteado por este canón pero ata o de agora as sentencias son favorables os concellos.
 Tamén se considera dende o PSdeG-PSOE de Lalín que está pode ser unha boa medida de presión para as empresas de telefonía móbil para que melloren as infraestruturas nas zonas onde hai pouca ou nula cobertura : poderíanse contemplar rebaixas nas taxas en función das melloras nas redes.
 Os socialistas cren que o Concello de Lalín débese poñer a traballar xa neste tema e lembra outras das súas iniciativas de política fiscal como o cobro do IBI
da AP-53 ou dos parques eólicos como aportacións de éxito na política impositiva e que non van contra o cidadán medio como as subidas no lixo ou auga que pretende o alcalde.
Caixeiros automáticos
 Tamén noutros concellos estase aplicando xa unha taxa para aqueles bancos que teñan caixeiros que dan directamente ás rúas polo seu aproveitamento especial do dominio público. Sería un imposto parecido o  das terrazas dos locais de hostalería que usan as rúas para actividades do seu negocio.
 Os socialistas reclaman que este imposto se empece a cobrar aínda que a cantidade non sexa moi importante pola escaseza de caixeiros abertos nas rúas de Lalín pero que é de xustiza recadar. Lembran que son moitos os concellos que aplican esta taxa e que calcúlase en función da importancia da rúa na que estea situado o caixeiro.
 Neste caso os bancos tamén teñen preiteado cos concellos pero xa hai fallos a favor dos mesmos polos tribunais de xustiza de Cataluña ou de Madrid dos anos 2004 e 2005.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera