19 de xuño de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Actualidade / Actualidade / O PSdeG-PSOE DE LALÍN CRE QUE É MOI GR

Actualidade

O PSdeG-PSOE DE LALÍN CRE QUE É MOI GRAVE A DESFEITA PRODUCIDA POLAS OBRAS DA PARCELARIA DE VILATUXE E PUXERON A DISPOSICIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE TODA A DOCUMENTACIÓN QUE POSÚEN POR SI HOUBERA IRREGULARIDADES LEGAIS NA ACTUACIÓN

Os socialistas amosan a súa preocupación pois unha reposición dos terreos non devolverá as árbores derrubadas para a construción das pistas

 

14/12/2007

 

 29/11/2007.-Os socialistas lalinenses consideran que unha ollada as obras das pistas da parcelaria de Vilatuxe remata sendo una ollada de indignación pola desfeita ecolóxica que se está a producir. Denuncian dende o PSdeG que se están a producir estragos importantes en puntos da Rede Natura e que hai devesas moi afectadas pola talas da súa masa arbórea nas que se eliminaron centos de árbores autóctonas como carballos e castiñeiros.
O PSdeG de Lalín entende que a concentración parcelaria é necesaria pero debe facerse dentro dos parámetros da legalidade e mostrando un exquisito respecto polo medio ambiente, sinalan os socialistas que Vilatuxe é unha das parroquias de Lalín con maiores activos naturais e paisaxísticos que hai que defender a toda costa porque “xa hoxe en día todo o mundo debería ser consciente da riqueza que iso supón”. Salientan dende o PSOE local que non só se trata de talas senon que tamén puidera haber afectación das redes pluviais que poderían ter efectos perniciosos na boa calidade das augas. O que si parece evidente é que actualmente non se dispón do informe de impacto preciso para iniciar as obras.
Os socialistas lalinenses mantiveron contactos coa Delegación Provincial de Medio Ambiente e enviáronlle toda a documentación da que dispoñen para que estude se hai actuacións irregulares e se activen os expedientes informativos . Ademais os edís lalinenses que mañá acudirán á reunión con Fomento aproveitarán a viaxe para reunirse co Delegado Provincial Juan Francisco Froján  para tratar este asunto máis polo miúdo.
O PSdeG quere remarcar que si hai actuación irregular nun espazo protexido “poñen a man no lume a que Medio Ambiente actuará” non como gratuitamente opina o Concello de Lalín pola voz de Román Rodríguez. Lembran que xa o Concello levara unha actuación irregular en Vilatuxe pola que recentemente tivo que abonar 6000€ de todos os lalinenses.
Finalmente os socialistas cren que a pesares de que finalmente se levara a cabo unha reposición dos terreos “o dano xa está feito pois un bosque caducifolio non medra en 2 días e estas perdas son irreparables para o patrimonio medioambiental de Lalín”.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera