19 de decembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Actualidade / Actualidade / O PSdeG-PSOE DE LALÍN ESTUDARÁ XURÍDICAM

Actualidade

O PSdeG-PSOE DE LALÍN ESTUDARÁ XURÍDICAMENTE SI SE ESTÁN A CUMPRIR AS CONDICIÓNS DA ADXUDICACIÓN DO LALÍN ARENA, POIS A EMPRESA CONSTRUTORA BRUÉS PARECE QUE XA NON CONTA.

• Lembran que van pasar 9 meses tras a demolición da feira, pagada por todos os lalinenses so pola propaganda do PP. • Lamentan a irresponsabilidade do edil de Deportes que non é quen de cumprir a súa palabra.

 

14/12/2007

 

05/12/2007.-Os socialistas lalinenses acudirán aos seus servizos xurídicos si se confirma que a empresa Brués non participa no proxecto de construcción do Lalín Arena, e si Crespo  permite que se salten a adxudicación do propio Concello de Lalín.
Para o PSOE lalinense resulta moi estraño que agora so apareza o nome da empresa Gaia e non se saiba nada da constructora.  Hai que lembrar que o Lalín Arena foi adxudicado en réxime de concesión a unha UTE formada pola xestora Gaia e a constructora Brués Fernández.
Os socialistas cualifican de cortina de fume o asunto dunha nova piscina, xa que o atraso parece que se debe aos problemas existentes entre ambas empresas e que impediron que o Lalín Arena se empezara a facer polo de agora.
Po r outro lado hai que sinalar a neglixencia e o electoralismo do PP de Lalín a quen non lle importou demoler a feira  e quedar sen ela 9 meses (por agora) a pesares de non ter asegurada a construcción do edificio. Lembran que eses traballos de demolición foron pagados polos lalinenses antes das eleccións para colocar un gran cartel nun espazo baleiro.
Lamentan os socialistas que mentres continúa a incerteza sobre o futuro do Lalín Arena, o Pavillón Municipal continua nun estado lamentable, e o Concello non consignou nin un céntimo nos presupostos do 2008 para arranxar a cuberta.
Pregúntanse os socialistas cómo é posible que o edil de deportes continúe tan tranquilo, despois de ter afirmado que se ía arranxar, mostra da irresponsabilidade dalgúns membros do equipo de goberno.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera