25 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Actualidade / Actualidade / OS SOCIALISTAS LOURO, ALLER E DONSIÓN AC

Actualidade

OS SOCIALISTAS LOURO, ALLER E DONSIÓN ACADAN PARA BENDOIRO TODAS AS MELLORAS PLANTEXADAS POLOS VECIÑOS NAS MELLORAS DA N-525.

• Dende o PSdeG- PSOE de Lalín este asunto ven a reafirmar a inoperancia de Crespo na negociación con outras administracións • Os socialistas lalinenses felicitan aos veciños de Bendoiro pola súa loita • Antón Louro sae reforzado tras as gratuítas e falsas acusacións do alcalde lalinense

 

14/12/2007

 

A reunión mantida esta mañán na Demarcación de Carreteras de Pontevedra entre o titular dese departamento, os representantes de Bendoiro, os deputados do Congreso Antón Louro e Domingo Tabuyo e os concelleiros socialistas Manolo G. Aller e Paco P. Donsión non puido ser máis frutífera para as demandas dos veciños da parroquia lalinense.
O acordó entre as partes foi total e dende Fomento accederon a realizar todas as melloras plantexadas polos veciños non últimos días e algunha que foi surxindo ao longo da negociación. Entre as melloras conseguidas destaca a rebaixa do firme da N-525 ao seu paso por Bendoiro, a construción de beirarrúas polos dous lados da estrada nacional, a mellora na sinalización e cartelización da parroquia na N-525 (carteis identificativos) e o replantexamento da sinalización horizontal (liñas continuas e descontinuas) cando se faga a rebaixa.  Estas melloras xa contan co presuposto necesario e faranse ao longo do ano 2008 e Fomento fará as modificacións oportunas no proxecto con celeridade.
Neste asunto foi de vital importancia a participación dos mediadores socialistas para atopar solución e se contrapoñen coas palabrería e a pouca acción amosada por Crespo que o único que fixo foi falar pero non mellorou nada. Os socialistas lalinenses lémbranlle a Crespo que a Demarcación de Carreteras avisará ao Concello para meter os tubos para o saneamento polo que esperan que o goberno local do PP non se bote para atrás coa súa alerxia clásica a estas actuacións. O actuar do PSOE nesta cuestión deixa en clara evidencia as diferentes formas de facer política “pois non hai máis que mirar a como fixo o PP na N-525 cando gobernaba, as beirarrúas en parroquias próximas a Bendoiro deixounas  por riba do nivel das casas”. Os socialistas pensan que nesta ocasión se trata dunha boa nova para a parroquia lalinense e una lección de humildade para Crespo que foi incapaz de negociar.
Dende o PSdeG- PSOE sinalan que a inoperancia do goberno local está facendo que dende a oposición se teñan que facer tarefas propias de goberno e amosan unha clara deixación das súas función propias.
Finalmente o Grupo Municipal Socialista quere agradecer a Antón Louro a súa mediación e felicitar aos veciños de Bendoiro pola súa loita amosando que o asociacionismo e a organización nas parroquias , que tanto lle molesta ao PP, pode ser unha solución para os problemas veciñais.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera