19 de xuño de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Actualidade / Actualidade / OS SOCIALISTAS LALINENSES SINALAN A NULA

Actualidade

OS SOCIALISTAS LALINENSES SINALAN A NULA INVERSIÓN EN POLÍTICAS SOCIAIS E DE INNOVACIÓN QUE CONTEMPLAN AS CONTAS DE LALÍN PARA O 2008

14/12/2007

 

 27 /11/2007.-Segundo o PSOE de Lalín o empeño de Crespo no ladrillo está tendo como resultado unhas negativas políticas de familia e de actualización dos tecidos produtivos que se van prolongar durante o vindeiro ano pola falta de recursos nas contas do 2008.
Concretamente en políticas de apoio as familias os socialistas critican duramente a falta de axudas por nacemento e a desaparición do tan publicitado Plan Baby que se quedou nunha proposta electoral  baleira, algo co que xa contaban dende a oposición lalinense pois Crespo non é precisamente un defensor das políticas de benestar. Os socialistas consideran que debería haber axudas nese sentido e “se non poden ser 3.000 € como prometeron, que se vaian aumentando progresivamente ano a ano empezando dende, por exemplo, os 1.000 € en vales de troco no comercio local en roupa e produtos infantís”.
Outra visión negativa dos presupostos para os socialistas lalinenses son as escasas aportacións para iniciativas que favorezan a difusión da sociedade da información ou a posta en marcha de proxectos que dinamicen a creación de novas empresas emprendedoras en campos innovadores e que se deixe “toda a inversión en ladrillo cando o seu ciclo de expansión xa finalizou e son horas de facer novas apostas” para que non se resinta o emprego en Lalín e a súa comarca. Os socialistas botan de menos nos presupostos partidas destinadas a iniciativas como os viveiros de empresas que apoian, asesoran e nalgúns casos financian a puxanza dos empresarios novos.
Axudas de 2.500 €
Os socialistas lalinenses queren contrastar as políticas do PP coas políticas de compromiso social feitas polo seu partido e mentres Crespo promete e non paga  3.000€  por nacemento ou adopción dun cativo, os primeiros cheques de 2.500€ (3.500€ ás familias numerosas)  prometidos polo Presidente Zapatero xa se empezaron a cobrar na pasada semana e o 85% dos que foron pais dende o 1 de Xullo deste ano cobrarán antes de que remate o exercicio
Dende o PSdeG-PSOE lalinense lémbrase que se trata dun sinxelo procedemento burocrático na Axencia Tributaria e póñense a disposición dos veciños por si precisan dalgún asesoramento necesario para o cobro da axuda.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera