25 de setembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Actualidade / Actualidade / Os socialistas de Lalín critican durame

Actualidade

Os socialistas de Lalín critican duramente o “Circo” montado por Crespo con relación á participación de garotas no Cocido.

14/12/2007

 

-         O PSDeG de Lalín considera  que hai temas máis importantes que sí precisan dunha consulta popular como é o caso do Lalín Arena
-         Os concelleiros socialistas cren que se está a tratar de tapar outros problemas moi serios como os impostos e o futuro fiasco
dos presupostos de Lalín.
09-XI-2007.  “Recentemente pasou un circo por Lalín máis parece que se deixou esquecido ao xefe de pista” ,comentan dende as filas socialistas con humor nestes últimos días ,con relación ao bochornoso espectáculo montado por Crespo e a súa intención de facer una “consulta popular” sobre a participación de garotas na Feira do Cocido lalinense.
 Para o PSdeG de Lalín parece que queda inaugurado o tradicional “cocido-show” anual do alcalde de Lalín, que parece que quere que Lalín so sexa coñecida en Galicia e España polo tradicional prato e pola estúpida polémica montada como se os lalinenses non tiveramos outras virtudes .
Chámalles a atención aos concelleiros socialistas que empezará xa Crespo con esta leria antes do San Martiño, cos porcos sen matar aínda, pero a razón do alcalde é clara: Non quere que se fale doutros problemas  máis importantes e de maior calado que ten hoxe Lalín como a salvaxe suba de impostos municipais, os vindeiros presupostos e os problemas na inversión, as promesas de polígonos case en cada parroquia, a falta de saneamento no rural, etc.
 Os socialistas consideran que cando se consulta aos veciños debe ser por cuestión ben serias ,polo respecto que merecen, pero o PP non se lembra deles cando por exemplo se trata dun tema fundamental como o Lalín Arena que está machucando ao deporte de Lalín ao deixalo sen inversións e sen espazos  para a súa práctica. Dende o principal partido da oposición queren sinalar que eles están a favor de pedirlle opinión aos lalinenses pero  nos temas trascendentais, xa que non se veu a Crespo reunido con ningunha asociación veciñal para tratar as novas ordenanzas impositivas do Concello.
 Por último ,xa dun xeito irónico, pídenlle prudencia a Crespo “pois si se lle enteira  da consulta popular Mariano Rajoy ou Acebes e Zaplana, igual o confunden  cun  ´rompeespañas´ calquera e lle andan no lombo”.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera