17 de agosto de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Xuventudes / Xuventudes / 17/11/07.-O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA P

Xuventudes

17/11/07.-O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PRESENTA, POR INICIATIVA DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE LALÍN, UNHA MOCIÓN SOBRE A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE LALÍN.

14/12/2007

 

  Para as Xuventudes Socialistas de Lalín actualmente a Biblioteca Municipal de Lalín ofrece uns servizos moi limitados que non cobren as necesidades dos seus  usuarios.  

 

  En primeiro lugar destacamos a escaseza de fondos: os libros de moitas seccións están anticuados, hai poucos libros actuais e mal catalogados, coma por exemplo a sección na que aparece: “relixión católica” e “outras relixións non católicas” (onde podemos atopar libros de mitoloxía), coma se esta fora a única e máis importante. Os/as mozos/as socialistas pedimos que se dote á biblioteca dun maior presuposto para material e adquisición de fondos.
 
  As Xuventudes Socialistas sabemos que para moitos estudantes a biblioteca é un lugar moi necesario, xa que ás veces na casa non se dispón das condicións precisas para poder estudar e concentrarse. Por iso, o máis demandado polas persoas que acoden diariamente á biblioteca para estudar é a ampliación do horario de apertura, xa que este é moi reducido. O horario actual é de luns a venres de 9 a 2 e de 4 a 9, sábados só de mañá e nos meses de xuño, xullo e agosto, coincidindo coas épocas de exames de selectividade e da Universidade a hora de pecha é ás 8 da tarde, co agravante de que en agosto, cando moitos estudantes están preparando os exames de setembro xa nin abre pola tarde. As Xuventudes Socialistas pensamos que o horario de inverno se debe manter durante todo o ano e reclamamos ao Concello de Lalín que estude a posibilidade de abrir os sábados pola tarde.

 

  Outra das carencias que presenta a biblioteca municipal é a de non dispor dunha hemeroteca dixitalizada para unha consulta rápida, alomenos das páxinas da Comarca do Deza.

 

 Algo sorprendente hoxe en día é que nunha biblioteca municipal haxa que pagar por utilizar o servizo de ordenadores con conexión a Internet coma se se tratase dun ciber, polo que as Xuventudes Socialistas de Lalín pedimos que a Biblioteca de Lalín siga o exemplo doutras localidades galegas e proporcione este servizo gratuitamente regulando e limitando o tempo de utilización.
 E por último, as Xuventudes Socialistas queremos sinalar que entre os requisitos para ser socio da Biblioteca consta o de estar censado no Concello, algo que incumpre a Ley 10/2007, de 22 de junio, de la lectura, del libro y de las bibliotecas que no seu artigo 13 dispón que “O servizo de biblioteca pública deberá poder ser utilizado por calquera cidadán independentemente do seu lugar de orixe ou residencia”, polo que solicitamos a eliminación deste requisito para dar cumprimento ao previsto na citada lei.

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera