25 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE LALÍN

 


Home / Xuventudes / Xuventudes / XUVENTUDES SOCIALISTA SOLICITA A REMODEL

Xuventudes

XUVENTUDES SOCIALISTA SOLICITA A REMODELACIÓN INTEGRAL DA CASA DA XUVENTUDE DE LALÍN

O Grupo Municipal Socialista presentou unha moción ó Pleno da Corporación

 

24/10/2006

 

Unha Casa da Xuventude pode chegar a ofertar infinitas actividades, ademais de servir como punto de encontro dos mozos/as. En Lalín, ademais, está situada nun lugar céntrico por onde pasan todos os días moitos rapaces/as. Pero as condicións do edificio son moi lamentables (ata hai goteiras), unido á falla de materiais e aos escasos servizos que presta. As Xuventudes Socialistas de Lalín pensamos que a Casa da Xuventude precisa dunha remodelación integral e/ou ampliación e unha maior oferta de actividades destinadas á mocidade; o que serviría para incentivarnos a que usásemos a súas instalacións, onde disporíamos dun lugar axeitado para realizar actividades de tipo lúdico, social, deportivo, artístico e cultural.

 

 

Entre outras moitas, propoñemos unha serie de posibilidades que a Casa da Xuventude de Lalín podería ofertar:

 

-O servizo de autoconsulta por ordenador, a través do que se pode acceder a información sobre estudos, becas, ofertas de traballo e voluntariado.

 

-Conexión WIFI

 

-Aulas insonorizadas onde poidan ensaiar grupos musicais e dar concertos, sen que o ruído moleste a outras actividades que se estean a facer nese momento.

 

-Aulas onde poder facer representacións teatrais, recitais de poesía, conferencias, proxeccións de documentais divulgativos, proxeccións de películas, etc.

 

-Biblioteca multimedia e hemeroteca

 

-Locutorio para que os inmigrantes con escasos recursos poidan falar coas súas familias nos seus países de orixe de forma gratuíta durante un espazo de tempo.

 

-Sala de exposicións, de diversos tipos: pintura, cerámica, corte e confección, escultura, fotografía, …

 

-Pequenas salas onde asociacións culturais, xuvenís, deportivas… poidan celebrar as súas reunións.

 

-Formación de todo tipo á mocidade, etc.

 

 

Por este motivo, a iniciativa das Xuventudes Socialistas de Lalín, o Grupo Municipal Socialista presentará no Pleno unha moción solicitando a remodelación integral e/ou ampliación da Casa da Xuventude de Lalín.

 

Tomando estas medidas, todos os mozos/as ganaríamos.

 

 

 

 

 

 

¿Consideras que Crespo é un machista tras a súas agresóns verbais a mulleres?

Non


Hay 155 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa F, 27-Entrechán 36500 Lalín (Pontevedra) Tfno./Fax: 986782235
E-mail: psoelalin@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera